Tres xeracións de dereitos humanos

A división dos dereitos humanos en tres xeracións foi realizada por primeira vez por Karel Vasak no ano 1979. Cada unha se asocia a un dos grandes valores proclamados na Revolución Francesa:liberdade,igualdade e fraternidade.

MANIFESTO SINDICATO DO ENSINO CONTRA A HOMOFOBIA

Non nos parece xusto que a homosexualidade sexa castidaga nalgús países coa pena de morte e que noutros como Malasia, India, etc. se pague co cárcere.

Os homosexuais por selo non cometen ningún delito e non terían que pagar por elo, pero como neses países o prohíben as leis, teñen que pagar coa penalización.

No Estado español logramos un avance moi importante e son admitidas as bodas entre persoas do mesmo sexo, aínda que hai persoas que non acaban de asimilar este feito producíndose así a discriminación.

Se tivera que xustificar a un homosexual e defendelo, sería moi sinxelo, xa que non incumplen ningún artigo da declaración de dereitos, nin cometenningún delito e que por iso se debe admitir a homosexualidade en calquera país como algo normal e totalmente humano.


que nota le darías al blog?

martes, 22 de abril de 2008

As teorías contemporáneas da xustiza

1.
O liberalismo contemporáneo caracterizase por unha defensa forte da democracia como sistema de goberno e pola defensa da soberanía popular. Xunto con esta idea da democracia, o neoliberalismo asume tres principios de grande importancia ética:

a)O universalismo
b)A neutralidade
c)O individualismo

2.Rawls centra o problema da xustiza na busca dun criterio que lle permita decidir se o reparto de bens e dereitos dentro dunha sociedade é xusto. Pero, non desenvolve o problema tratando de establecer un criterio ideal de distribución de recursos. Rawls afronta o problema do criterio de xustiza desde un punto de vista procedimental: os criterios son xustos, sempre e cando o procedimento polo que se adoptaran fora xusto.
A concepción da xustiza de Rawls podería resumirse nos seguintes principios:
  1. Os bens primarios como a liberdade deben distribuirse dunha forma uniforme e igualitaria
  2. Deben asumirse principios xerais que beneficien aos sectores máis desfavorecidos socialmente. Estes principios son fundamentais na distribución da igualdade e o benestar.
3.As críticas ao liberalismo, por parte do comunitarismo, orientaronse cara unha defensa da comunidade, contra unha visión do individuo considerado como un ser abstracto e sen raíces. Baseándose nas ideas de Aristóteles,Walzer, tenta fundamentar os dereitos da comunidade e o lugar que os individuos ocupan nela.

No hay comentarios: