Tres xeracións de dereitos humanos

A división dos dereitos humanos en tres xeracións foi realizada por primeira vez por Karel Vasak no ano 1979. Cada unha se asocia a un dos grandes valores proclamados na Revolución Francesa:liberdade,igualdade e fraternidade.

MANIFESTO SINDICATO DO ENSINO CONTRA A HOMOFOBIA

Non nos parece xusto que a homosexualidade sexa castidaga nalgús países coa pena de morte e que noutros como Malasia, India, etc. se pague co cárcere.

Os homosexuais por selo non cometen ningún delito e non terían que pagar por elo, pero como neses países o prohíben as leis, teñen que pagar coa penalización.

No Estado español logramos un avance moi importante e son admitidas as bodas entre persoas do mesmo sexo, aínda que hai persoas que non acaban de asimilar este feito producíndose así a discriminación.

Se tivera que xustificar a un homosexual e defendelo, sería moi sinxelo, xa que non incumplen ningún artigo da declaración de dereitos, nin cometenningún delito e que por iso se debe admitir a homosexualidade en calquera país como algo normal e totalmente humano.


que nota le darías al blog?

miércoles, 13 de febrero de 2008

Separación de poderes

Desde a revolución francesa deféndese a separación de poderes en 3: Executivo, lexislativo e xudicial. Esto en un ideal liberalista que defendía sobre todo a burguesía e que se opón ó Antigo Réxime no que o monarca reune todos os poderes. Coa división de poderes conséguese menos arbitrariedades. E aquí recóllense unha serie de dereitos de 1ª xeración que se recollerían logo na declaración de dereitos humanos.

O poder executivo é aquel que executa as leis.

O poder lexislativo é aquel que elabora as leis.

O poder xudicial é aquel que vela polo cumplimentos das leis.

miércoles, 6 de febrero de 2008

CONTRATO SOCIAL

O CONTRATO SOCIAL

Contrato social é unha expresión que se utiliza na filosofía, a ciencia política e a socioloxía en alusión a un acordo real ou hipotético realizado no interior dun grupo polos seus membros, como por exemplo o que se adquire nun Estado en relación aos dereitos e deberes do estado e dos seus cidadáns. Pártese da idea de que todos os membros do grupo están de acordo por voluntade propia co contrato social, en virtude do cal permanecen a dito grupo.

O contrato social, como teoría política, explica, entre outras cousas, o orixen e o propósito do Estado e dos dereitos humanos. A esencia da teoría (cuxa formulación máis conocida é a proposta por Rosseau) é a siguinte: Para vivir en sociedade, os seres humanos acordan un contrato social implícito, que lles otorga certos dereitos a cambio de abandonar a liberdade da que dispoñerían en estado de natureza. Sendo así, os dereitos e deberes dos individuos as cláusulas do contrato social, e o estado a entidade creada para facer cumprir co contrato. Do mesmo modo, os homes poden cambiar os términos do contrato se así o desexan; os dereitos e deberes non son inmutables ou naturales. Por outro lado, un maior número de dereitos implica maiores deberes; e menos dereitos, menos deberes.