Tres xeracións de dereitos humanos

A división dos dereitos humanos en tres xeracións foi realizada por primeira vez por Karel Vasak no ano 1979. Cada unha se asocia a un dos grandes valores proclamados na Revolución Francesa:liberdade,igualdade e fraternidade.

MANIFESTO SINDICATO DO ENSINO CONTRA A HOMOFOBIA

Non nos parece xusto que a homosexualidade sexa castidaga nalgús países coa pena de morte e que noutros como Malasia, India, etc. se pague co cárcere.

Os homosexuais por selo non cometen ningún delito e non terían que pagar por elo, pero como neses países o prohíben as leis, teñen que pagar coa penalización.

No Estado español logramos un avance moi importante e son admitidas as bodas entre persoas do mesmo sexo, aínda que hai persoas que non acaban de asimilar este feito producíndose así a discriminación.

Se tivera que xustificar a un homosexual e defendelo, sería moi sinxelo, xa que non incumplen ningún artigo da declaración de dereitos, nin cometenningún delito e que por iso se debe admitir a homosexualidade en calquera país como algo normal e totalmente humano.


que nota le darías al blog?

viernes, 2 de noviembre de 2007

Sobre os dereitos humanos

Os dereitos humanos son aquelas liberdadades e dereitos básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda persoa posee polo mero feito da súa condición humana a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o Dereito positivo vixente e de factores particulares como o seu estatus, etnia ou nacionalidade. Dende un punto de vista máis relacional, se definiron como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a persoa e a sociedade. que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros .

Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, enaxenarse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como escravo. Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e igualitario, e incompatible cos sistemas baseados na superioridade dunha casta, raza, pobo, grupo ou clase social determinado.

Non obstante, toda decisión sobre qué dereitos son humanos implica asumir unha posición respecto a qué é Dereito e, implícita ou explicitamente, sobre qué é o humano. Moitas violacións ou limitacións de dereitos humanos derívanse de concepcións restrictivas e excluíntes da.

Os dereitos humanos, normalmente, divídense en dúas categorías: dereitos positivos e dereitos negativos. Os dereitos negativos poden ser expresados como un dereito positivo, pero non á viceversa. Por exemplo, o dereito dun recén nado a ter pais e que o coiden, asumindo que é un dereito humano, só pode ser expresado positivamente. Outra clasificación amplamente extendida é a que ordea os dereitos humanos en tres ou máis xeracións.

Legalmente, os dereitos humanos defínense no Dereito interno de numerosos Estados e nos tratados internacionais. Para moitos, ademáis, a doctrina dos dereitos humanos exténdese máis aló do Dereito e conforma unha base ética e moral que debe fundamentar a regulación da orde xeopolítica contemporánea. Pero a validez, contenido e incluso a existencia dos dereitos humanos son obxecto dun permanente debate no ámbito da filosofía e as ciencias políticas. Segundo qué tipo de concepción se teña sobre o Dereito, como iusnaturalista, iusracionalista, iuspositivista, vinculada ao realismo xurídico ou ao dualismo xurídico, entre outros, a categoría conceptual de dereitos humanos pode considerarse divina, observable na natureza, asequible a través da razón, determinada polos contextos nas moitas maneras que é posible entender a Historia, unha síntese de ideas de estas ou outras posicións filosóficas ou un mero concepto inexistente e sen validez.

1 comentario:

Diego Cacheda dijo...

oa petas ke tal a vida koason komo xe van as mozas